contacto

Proxecta está aberta á entrada de novos socios.

Os requisitos para solicitar a entrada como socio son os seguintes:

  • Ser un festival, mostra ou certame de cinema e/ou audiovisual con sede e realización en Galicia.
  • Solicitar a entrada unha persoa física ou xurídica, responsable da organización, realización e/ou financiamento do festival que teña a súa sede no territorio galego, e ter interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
  • As persoas físicas deben ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.
  • As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor.
  • Presentar a solicitude de ingreso á Xunta Directiva de PROXECTA, que estudará o caso para a súa aprobación e confirmará a entrada ante a Asemblea Xeral de socios.
  • Pagar a cota anual, establecida en 200 euros por ano natural.

Podes poñerte en contacto a través do formulario ou vía email se precisas de máis información; estaremos encantados de axudarte.

xerencia@proxecta.org