Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Mesa Proxecta : A comunicación nos festivais de cinema

Setembro 18, 2021 @ 11:00 a.m. - 12:30 p.m.

O FICBUEU organiza a Mesa Proxecta : A comunicación nos festivais de cinema.

A mesa terá lugar o día 18 ás 11.00h da mañá no Museo Massó. Estará moderada por Carmen Novas (prensa do FICBUEU) e nela participarán Andrea Villa (Novos Cinemas, Curtocirtuito, S8), Julia Sánchez (Play DOC), Pancho Tristán (Cans) e Miriam P. Álvarez (Freaky Film Fest).

A través deste encontro, profesionais da comunicación de diferentes festivais de cinema de Galicia porán en común as súas experiencias e perspectivas sobre o seu labor; abordando as estratexias comunicativas dende o punto de vista da xestión e planificación das redes sociais, da imaxe corporativa, da prensa ou da publicidade en medios.

A actividade, aínda que dirixida ás e aos compoñentes dos equipos de comunicación dos festivais de cinema, estará aberta ao público de forma que outros profesionais de eventos culturais e persoas interesadas poidan reflexionar e tirar aprendizaxes para mellorar a comunicación externa dos seus eventos.

A xeito de mesa redonda, tentaremos dar resposta a cuestións relacionadas co departamento e plan de comunicación de cada proxecto, o peso das redes sociais, as estratexias ou o investimento en publicidade.

Detalles

Data:
Setembro 18, 2021
Hora:
11:00 a.m. - 12:30 p.m.
https://www.ficbueu.com/actividad/mesa-proxecta-a-comunicacion-nos-festivais-de-cinema/