
25 Nov Festivais de cinema e propiedade intelectual
Martín Bello impartirá esta formación online organizada por Proxecta na que falaremos de propiedade intelectual, entidades de xestión e cuestións a ter en conta neste ámbito desde a organización dos festivais. A actividade terá lugar o próximo xoves 2 de decembro de 17:00 a 20:00. Programa: 1. Propiedade intelectual: conceptos xerais. 2. Infraccións de dereitos. 3. Límites aos dereitos 4. Entidades de xestión 5. Festivais de cinema e entidades de xestión. 6. Consultas e dúbidas particulares. PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os. PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€ PRAZAS LIMITADAS. INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 30 DE NOVEMBRO. Mail a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “PROPIEDADE INTELECTUAL” e aportando os seguintes datos de cada persona asistente:- Nome completo
- DNI
- Dirección
- Teléfono
Esta é unha actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña.
Sentímolo, o formulario de comentarios está pechado neste momento.