Categoría
festivais
Sobre este festival

Play-Doc. Festival Internacional de Documentais de Tui

Nunha traxectoria que abarca case dúas décadas, Play-Doc consolidouse como un festival de indiscutible referencia. A súa singularidade e a súa personalidade, unidas a unha programación rigorosa e de calidade, proxectan a este evento máis aló das nosas fronteiras, situando á pequena cidade de Tui no mapa internacional de festivais.

 

Un dos logros do festival foi a apostar con éxito e dar unha importante visibilidade a un tipo de cinema á marxe dos circuítos comerciais. Un cinema que experimenta e explora, e polo que pasaron algúns dos cineastas máis emblemáticos e lendarios do cinema internacional.

 

Ao longo da súa traxectoria, gañouse unha excelente reputación respecto á crítica internacional:

  • INDIEWIRE: “festival favorito, fóra da norma e onde a maxia sucede”.
  • SENSES  OF CINEMA: “Un dos festivais de documentais máis destacados de Europa”, e celebra a “integridade e a elevada visión da súa programación”.
  • CAHIERS  DU  CINÉMA (edición francesa): “un festival cheo de intuición cunha programación que podería facer palidecer aos festivais de cinema máis importantes”,
  • SIGHT &  SOUND, ( British Film  Institute): “Tui alberga un dos festivais de cinema máis exquisitos”

Tui (Pontevedra)

www.play-doc.com

Organiza: Asociación Cultural Enfoques

Maio

Outros festivais

festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais