11 Mar APRAZAMENTO / MICE-Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego
A dirección da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiron aprazar a décimo quinta edición da MICE, cuxa celebración estaba prevista do 23 ao 29 de marzo, por precaución ante os últimos datos coñecidos arredor da progresión do COVID-19.
A cancelación da presenza dalgúns convidados/as de relevancia para a programación do festival pola prohibición de viaxar desde algúns países condiciona a celebración con normalidade da mostra. En previsión das medidas que se podan aplicar nos próximos días e por responsabilidade social, tomamos esta medida que, aínda que difícil, é a máis adecuada debido ás complicadas circunstancias que se están vivindo.
O equipo da MICE segue traballando para que o festival poda celebrarse con normalidade considerando a segunda quincena do mes de setembro.