Proxecta está aberta á entrada de novos socios.
Os requisitos para solicitar a entrada como socio son os seguintes:
- Ser un festival, mostra ou certame de cinema e/ou audiovisual con sede e realización en Galicia.
- Solicitar a entrada unha persoa física ou xurídica, responsable da organización, realización e/ou financiamento do festival que teña a súa sede no territorio galego, e ter interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
- As persoas físicas deben ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.