Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

FORMACIÓN: “Financiamento de festivais de cinema: elaboración de proxectos para convocatorias”

Decembro 13, 2022 @ 5:00 p.m. - Decembro 14, 2022 @ 5:00 p.m.

INSCRICIÓN ABERTA PARA A FORMACIÓN PROXECTA: “Financiamento de festivais de cinema: elaboración de proxectos para convocatorias”

Proxecta convoca unha nova formación online co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña:

Sergio Lago, do equipo de profesionais de Ben Curiosa, xunto con Nela Fraga, experta en Xestión Cultural, imparten este monográfico online organizado por Proxecta cunha orientación moi práctica sobre a preparación de proxectos para presentar en diferentes convocatorias de entidades públicas e privadas.

CONTIDOS:
● Sesión 1: Elaboración de proxectos
○ Análise dunha convocatoria: puntos clave, match?
○ Estruturación de proxectos para convocatorias.
○ A dimensión económica: orzamento e implicacións financeiras.

● Sesión 2: Análise práctico de convocatorias
○ Mapa de convocatorias para festivais galegos.
○ As posibilidades máis aló de Galicia.

 

A actividade terá lugar o martes 13 de decembro e mércores 14 de decembro, en horario de 17h a 20h (3h).

 

PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os. PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€.

 

INSCRICIÓNS: ata o día venres 9 de Decembro. Enviando un correo a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “FORMACIÓN: ELABORACIÓN DE PROXECTOS PARA CONVOCATORIAS” e aportando os seguintes datos de cada persoa asistente:

  • Nome completo
  • DNI
  • Enderezo
  • Teléfono
  • Enderezo electrónico

 

Sergio Lago

Formado en Gráfica Publicitaria e Educación Social, desde 2003 ven participando na creación e dirección de numerosos proxectos públicos e privados no ámbito cultural.

En 2011 foi escollido como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo ata maio de 2013 o proceso de reformulación estratéxica do modelo de feira, así como a organización integral do evento anual. Entre 2013 e 2015 asumiu a coordinación técnica na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, con quen colaborou posteriormente no deseño e coordinación do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural. Nos últimos anos deseña e coordina plans formativos sobre xestión cultural e estratexias dixitais para axentes culturais de Iberoamérica.

Desde 2014 é co-impulsor e coordinador académico do Curso de Experto Universitario en Xestión e Innovación Cultural da USC. Membro da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, ten publicado diversos artigos e informes sectoriais, ademais de asesorar a administracións públicas en deseño de políticas culturais e liñas de apoio sectorial. Recentemente colabora coa cidade de Braga no deseño dun proxecto de vertebración eurorrexional (Galiza-Norte Portugal) no ámbito audiovisual e dixital, para a súa candidatura a Capitalidade Europea da Cultura 2027.

 

Nela Fraga

Licenciada en Filoloxía Hispánica (USC) e Mestrada en Estudos Culturais, Teoría da Literatura e Literatura Comparada (Universitat de Barcelona), colaborou co Centre Dona i Lliteratura da UB, e o Departamentos de Estudos Galegos e Portugueses en calidade de bolseira da AGAUR, Barcelona. En 2014-15 realiza o Curso de Experto en Xestión Cultural coa intención de mudar a faceta de investigadora da cultura por un papel activo nela.

Traballou na consultora cultural BenCuriosa (2015-16), na crítica de cine (Cinéfagos, 2013-2016) e na produción de cine (Frida Films, 2015), na xestión e comunicación de proxectos culturais públicos e privados (formando parte tamén da elaboración do Banco Galego de Boas Prácticas na Xestión Cultural da AGPXC) e de festivais de cine: Curtocircuíto (2016-2018) e (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico (2017-Actualidade).

Desde 2018 coordina as Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC impulsadas polo (S8), onde desenvolve tarefas de cooperación internacional e relacións institucionais, ademais da análise de convocatorias e a elaboración e xestión de proxectos.

Detalles

Comezo:
Decembro 13, 2022 @ 5:00 p.m.
Remate:
Decembro 14, 2022 @ 5:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

online

Protagonista