INSCRICIÓN ABERTA PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA: “Festivais de cinema e dereitos de autor”
Martín Bello impartirá esta formación en liña organizada por Proxecta sobre dereitos de autor. Trátase da segunda parte dunha actividade xa realizada, que estará centrada na formación práctica en propiedade intelectual. En concreto, estudaranse aquelas situacións nas que os dereitos de propiedade intelectual poidan ter unha influencia nas actividades de organización dun festival, tratando de propoñer as mellores prácticas e de anticiparse e dar solucións a posibles problemas.
A actividade terá lugar o luns, 27 de marzo, en horario de 17:30 a 20:00 horas.
PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA:1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os. PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€.
INSCRICIÓNS: ata o día 23 de Marzo. Enviando un correo a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “FORMACIÓN: DEREITOS DE AUTOR” e aportando os seguintes datos de cada persoa asistente:
- Nome completo (e, de ser o caso nome da persoa xurídica que deba figurar no recibo)
- DNI/ CIF
- Enderezo fiscal
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico
Martín Bello
Avogado especialista en propiedade intelectual e industrial. Avogado exercente do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid. Graduado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Propiedade Intelectual e Industrial (Magister Lvcentinvs) pola Universidade de Alicante e Máster en dereito das telecomunicacións, audiovisual, sociedade da información e protección de datos pola Universidade Carlos III de Madrid. Desenvolve a súa actividade asesorando a empresas multinacionais en diferentes sectores en relación ca propiedade intelectual e os dereitos de autor.
Esta é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.