Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Formación Proxecta: oportunidades de financiamento europeo dos festivais de cinema e audiovisual.

Outubro 20 @ 5:00 p.m. - 7:00 p.m.

Oportunidades de financiamento europeo dos festivais de cinema e audiovisual

Os festivais desenvolven moitas actividades paralelas á exhibición como poden ser as de tipo formativo e didáctico, ou mesmo promoven e programan manifestacións artísticas distintas do cinema. Tamén implementan unha diversidade de accións como a internacionalización, o desenvolvemento de produtos ou a creación de redes de coñecemento. Esta característica dos eventos de cinema e audiovisual abren posibilidades ao sector de beneficiarse de varios programas europeos de financiamento.

Esta nova actividade formativa de Proxecta vai procurar guiar os festivais polas oportunidades de financiamento que se abren na UE para o sector cultural e creativo, alén do programa Europa Creativa.

Para isto contaremos con Loli Docampo Diéguez, técnica de proxectos de innovación e xestora cultural. Firme defensora da innovación e con espírito emprendedor, é técnico de apoio no proxecto HEI4Future da Universidade de Vigo, con ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos de xestión da innovación, proxectos culturais, planificación estratéxica e estudos sectoriais, especialmente os relacionados coas industrias culturais e creativas e o turismo.

 

CANDO: 17 e 20 de outubro, en horario de 17 a 19 h.

ONDE: En liña.

PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: unha matrícula de balde por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8 € para o resto.

PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€.

 

INSCRICIÓNS: ata o día 16 de Outtubro. Enviando un correo a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “FORMACIÓN FINANCIAMENTO EUROPEO” .

 

Esta é unha actividade subvencionada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Detalles

Data:
Outubro 20
Hora:
5:00 p.m. - 7:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

online

Protagonista