
- Este evento pasou.
FORMACIÓN: “Todo é márketing e nada é márketing: o desafío da relevancia”
Novembro 29, 2022 @ 5:00 p.m. - 6:30 p.m.

INSCRICIÓN ABERTA PARA A FORMACIÓN PROXECTA: “Todo é márketing e nada é márketing: o desafío da relevancia”
Proxecta convoca unha nova formación online co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña:
Pilar Toro impartirá esta formación online organizada por Proxecta na que falaremos do reto e dos camiños para conseguir a relevancia precisa dos festivais de cinema.
Nun mundo en constante cambio, e coa atención do espectador cada vez máis dividida, quen é a verdadeira competencia da experiencia cinematográfica? Como podemos reclamar a atención do espectador clásico e, á vez, atraer novos públicos? Non só os métodos tradicionais entran en xogo á hora de facer márketing de cinema pero, por riba de todo, unha clave prevalece: a coherencia de marca.
A actividade terá lugar o martes 29 de novembro, ás 17:00h. Duración aproximada: 90 minutos.
PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 5€ para o resto dos asociadas/os. PREZO NON ASOCIADAS/OS: 10€.
BONO 2 FORMACIÓNS: 1 matrícula de balde por festival (1 asociada/o de cada festival) e 12€ para o resto de asociadas/os. PREZO NON ASOCIADAS/OS: 20€
INSCRICIÓNS: ata o día 25 de novembro. Enviando un correo a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “FORMACIÓN: MARKETING E DESAFÍO DA RELEVANCIA” e aportando os seguintes datos de cada persoa asistente:
- Nome completo
- DNI
- Enderezo
- Teléfono
- Enderezo electrónico
Pilar Toro
Con máis de 10 anos de experiencia no sector do entretemento audiovisual, traballou en empresas como Canal+, NBCUniversal e Netflix. Deu os seus primeiros pasos no lanzamento de Canal+ Xtra. Coñeceu de preto o proxecto #littlesecretfilm de Calle 13, na que foi a súa primeira toma de contacto coa industria do cine español. En 2017 ingresou en Netflix e desde 2022 exerce como directora de márketing de Filmin, plataforma española de contido en streaming centrada en cinema de autor, europeo e independente.