
- Este evento pasou.
PROXECTA CONSTRÚE: A CUESTIÓN DE XÉNERO NOS FESTIVAIS DE CINEMA
Marzo 30, 2019 @ 12:30 p.m. - 2:00 p.m.
Na MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico- Museo do Pobo Galego
12h30 Cantina do CGAC
Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema organiza esta conversa aberta con profesionais, traballadoras en festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia. O obxectivo é examinar a situación das mulleres neste ámbito, analizar as áreas de maior responsabilidade e liderado e o emprego feminino nestes eventos, así como propoñer prácticas e estratexias para abordar as cuestións de xénero no sector. Con Ana Domínguez (S8), Andrea Villa (Curtocircuíto), Keka Losada (Festival de Cans), Sabela Cinza (Chanfaina Lab), Sonia Méndez e Ana Dixital (Carballo Interplay), María Ruiz Falcó (FICBueu), Beli Martínez( PlayDoc), Cristina Fiaño (Cinema Crianza) e conducida por Sabela Mendoza.