
- Este evento pasou.
PROXECTA CONSTRÚE: ACHEGAR OS FESTIVAIS AO PÚBLICO NOVO
Maio 23, 2019 @ 10:00 a.m. - 11:30 p.m.
“Achegar os festivais ó público novo: escoitar para programar”.
> No Festival de Cans (Cans, O Porriño)
No marco do Festival de Cans, que chega este ano á súa 16ª ed. do 22 ao 25 de maio, celebramos unha palestra diferente, plantexada coma unha mesa de traballo entre programadores de festivais e estudantes de entre 14 e 16 anos. Un perfil de público habitualmente afastado dos festivais de cinema, un público co que nos custa conectar dende as organizacións. Nun traballo previo con varios institutos de Galicia, o Festival de Cans recollerá as ideas e propostas destas rapazas e rapaces que posteriormente serán convidados a vir ó festival e asistir a este encontro para situarse cara a cara cos responsables dos festivais. A partir de aquí, o obxectivo é tratar de responder unha cuestión: Qué podemos facer desde os festivais para achegar este público ós nosos eventos?
Participan na mesa: Manuel Pena (Director do FicBueu), Pela del Álamo (Director do Curtocircuíto – International Film Festival), Sonia Méndez (Directora do Carballo Interplay) e Alfonso Pato (Director de Cans).