O Festival de Cans é un festival moi especial. Os que o facemos sempre dicimos que posiblemente non sexa o mellor festival do mundo, pero si o máis diferente. Cans celébrase sempre o terceiro ou cuarto fin de semana do mes de maio, coincidindo cos nosos primos do Cannes de Francia. Con ese paralelismo entre os dous nomes comezou un día como unha broma o Festival de Cans. Era pouco menos que un xogo fonético, pero pouco a pouco todo foi collendo unha dimensión que nos sorprendeu. Desde o ano 2004, ó que asistirion 500 persoas nunha tarde de sábado, empezamos a acoller visitantes sen parar, e agora recibimos multitude de xente nos catro días que dura o evento.