O FanCine de lemos celebrou a súa oitava edición entre os días 06 ao 10 de Xullo cun notable éxito de público e propostas audiovisuais.

A dirección do FanCine destacou nesta reciente edición a calidade das curtametraxes mostradas así como “ o afianzamento entre os festivais de xénero punteiros en Galicia “

Esta edición que tivo como eixo principal a relación entre cinema e videoxogos tivo unha forte aposta por explorar e tratar de identificar as similitudes e diferencias entre ambas expresións artísticias. Puxemos o foco no mundo dos videoxogos a través dunha exposición, pioneira en Galicia, en colaboración co Museo do Videoxogo , coloquios, obradoiros e a gravación dun podcast de Recuncho gamer

O festival segue tamén a apostar pola formación e a promoción do novo talento monfortino polo que como cada ano levouse a cabo, con gran afluencia de público, o FantaFesti, espazo de cinema amateur orientado a promover o talento local en colaboración con colexios monfortinos. Pero se o festival segue a afianzarse ano tras ano e polo nivel de curtas exhibido. Este ano, fíxose a selección das 24 curtas gañadoras entre as máis de 200 propostas que chegaron a organización do festival. Sairon como gañadoras as seguintes:

El Semblante, de Carlos Moriana e Raúl Cerezo mellor curtametraxe nacional
Covid Love, de René Nuijens mellor curtametraxe internacional
Canibalismo, de Diego Aballe mellor curtametraxe galega
Oro de Manuel Valcárcel, Premio do Público

Dende a dirección do festival faise tamén un balance moi positivo no impacto económico que o festival segue a ter na contorna xa que máis do 75% do orzamento do festival quédase na provincia de Lugo apostando polos proveedores e profesionais locais.