Entre nós sumamos 69.839 espectadores e asistentes no último ano, que puideron disfrutar de 1.145 filmes en 486 sesións de proxeccións, cun especial acento no talento audiovisual galego (do que os festivais son motores e escaparates fundamentais) e na creación contemporánea internacional de primeiro nivel, abarcando todos os xéneros e formatos.
A estas sesións de proxeccións sumáronse decenas de actividades paralelas como concertos, exposicións, instalacións, mostras, charlas, talleres… que fan dos festivais uns actores fundamentais dende o punto de vista educativo e da difusión e promoción cultural.
Aportamos máis de 81 días de programación cultural diversa e de calidade ao longo de todo o calendario anual, levando a cultura cinematográfica a 10 localidades de diferentes dimensións das catro provincias, fornecendo contidos e públicos a arredor de 100 espazos culturais, favorecendo a descentralización e a creación de proxectos simbólicos; citas “obrigadas” no calendario destes lugares. Estas localidades e o conxunto do territorio vése favorecido non só polos contidos en sí e os públicos (habitantes e visitantes) que neses días se congregan, senón tamén polo impacto económico e social local que se produce como consecuencia, e que cada ano mellora gracias á aposta pola continuidade destes proxectos periódicos. Os festivais do sector audiovisual contribúen claramente ao fomento dun modelo de turismo de calidade e sustentable: o turismo cultural; e favorecen a imaxe de Galicia como destino.
Na pasada edición, os festivais da Coordinadora sumaron preto de 1 millón de euros de inversión en cultura (964.918 euros), ademais de 329 contratacións, cun importante fomento do emprego cultural cualificado e unha especial presencia do emprego feminino. E fomentaron o voluntariado cultural, involucrando a máis de 185 voluntarias e voluntarios. O seu impacto mediático alcanzou medios locais, nacionais e internacionais.