Categoría
festivais
Sobre este festival

Cineuropa

En 1987, nace Cineuropa co obxectivo de atenuar o déficit de distribución e exhibición que padecen moitas das películas europeas e de propor aos/ás espectadores/as a posibilidade de descubrir obras que probablemente nunca se exhibiran preto do seu lugar de residencia.

 

O festival compostelán abre camiños, percorrendo traxectos para mostrar ao público, o cinema con selo de calidade procedente doutras xeografías, culturas, linguas… Cinema creado con avidez de risco á hora de afrontar temas vedados para o sistema establecido e traballando sobre retos na linguaxe cinematográfica, na rotura de estilo con cánones triviais do cinema que non pensa e, consecuentemente, é improbable que faga pensar.

 

Ao longo dos anos, Cineuropa mantén os obxectivos fundamentais cumpridos: rendibilidade social, como o festival máis democrático, focalizado no achegamento á cidadanía dunha programación que intenta cinguirse ás demandas reais; contidos que inclúen unha ampla selección en V.O. da colleita dos mellores festivais internacionais do año (Sección Oficial, Panorama Internacional, Latidoamericano, Docs Cineuropa, Cinefilias, Focos, Fantastique Compostela…) e unha aposta polo sector audiovisual galego presente nunha sección propia para realizar un percorrido fundamental polas producións máis recentes do país.

Santiago de Compostela (A Coruña)

www.cineuropa.gal

Organiza: Concello de Santiago de Compostela

Novembro

Outros festivais

festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais