Categoría
festivais
Sobre este festival

Festival RIR.  Festival Internacional de Curtas de Comedia

O Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia) é un evento adicado exclusivamente ao humor en formato de curtametraxes, sendo único no seu xénero en Galicia. Dende a súa creación, destacou como un punto de encontro para amantes do cine, a comedia e a cultura audiovisual, combinando unha programación de calidade cun enfoque inclusivo e accesible. Ademáis das proxeccións de curtas de comedia (ficción, animación, documental e mockumentary), o festival organiza charlas, obradoiros e actividades paralelas para profesionais e público en xeral. En cada unha das edicións se pon de relevo a diversidade de historias e enfoques dentro da comedia, fomentando o talento local e global.

Allariz (Ourense)

www.festivalrir.com

Organiza: Asociación Cultural Luarada

Setembro

Outros festivais

festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais
festivais