Promovida polo Museo do Pobo Galego, entidade orientada cara aos obxectivos xerais de investigación, conservación, divulgación, defensa e promoción da cultura galega en todos os seus ámbitos desde o campo da antropoloxía cultural, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico nace en 2006 como unha actividade do Departamento de Educación e Acción Cultural.
A MICE é un festival diferenciado, que ten como obxecto divulgar e fomentar a confluencia entre a teoría e a práctica cinematográfica coa antropoloxía social e cultural, unha interacción que ten sido parte dos debastes epistemolóxicos das Ciencias Sociais e experimentado con todas e cada unha das tendencias formais do cinema.
Fotografías dé Denís Estévez
Santiago de Compostela (A Coruña)
Organiza: Padroado do Museo do Pobo Galego
Marzo – Abril