Novos Cinemas é un festival de inicios, adicado ao descubrimento de obras desas persoas inician a súa carreira no ámbito cinematográfico. Ademais de contar con dúas seccións oficiais dedicadas a primeiras e segundas obras, o festival ten como base a formación para todas as idades: escolares, alumnado universitario e público xeral.
Cada ano, Novos Cinemas pon o foco sobre a obra dun creador ou creadora destacado para amosarlle ao público a súa cinematografía, e completa a súa programación con encontros, un LAB de asesoría de proxectos, coloquios, presentación de primeiras imaxes de filmes e música nunha semana que se traduce nunha gran xuntanza entre cineastas e público previa ao Nadal.
Pontevedra
Organiza: Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas // Matriuska
Decembro