Nunha traxectoria que abarca case dúas décadas, Play-Doc consolidouse como un festival de indiscutible referencia. A súa singularidade e a súa personalidade, unidas a unha programación rigorosa e de calidade, proxectan a este evento máis aló das nosas fronteiras, situando á pequena cidade de Tui no mapa internacional de festivais.
Un dos logros do festival foi a apostar con éxito e dar unha importante visibilidade a un tipo de cinema á marxe dos circuítos comerciais. Un cinema que experimenta e explora, e polo que pasaron algúns dos cineastas máis emblemáticos e lendarios do cinema internacional.
Ao longo da súa traxectoria, gañouse unha excelente reputación respecto á crítica internacional: