é unha aposta que da a coñecer, apoia e valora proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. Traballa para conseguir que o cine sexa un arte por e para todas as persoas. O Festival naceu en 2016 para chamar a atención sobre a necesidade de eliminar as barreiras visuais, auditivas e físicas para que todos poidamos gozar do cinema. Hoxe en día, o VIIFF visibiliza todo tipo de colectivos “excluídos” ou en risco de exclusión: persoas con diversidade funcional, diversidade económica, sexual, cultural,.. poñendo en valor as obras audiovisuais que os representan nas pantallas.
OBXECTIVOS