Formación: Estratexias dixitais para proxectos culturais

Formación: Estratexias dixitais para proxectos culturais

A comunicación dixital é hoxe unha ferramenta esencial para calquera proxecto cultural. Esta formación ofrecerá unha panorámica completa sobre o márketing dixital aplicado ao sector da cultura e dos festivais, analizando tanto as ferramentas dispoñibles como as estratexias máis efectivas para fidelizar públicos e captar novas audiencias.

A sesión impartirase, de forma online, o vindeiro xoves, 6 de novembro, de 16.30h a 19.30h. Será preciso ter acceso a un ordenador para poder facer o seguimento da aula. Inscrición previa aqui. A información para pagamento comunicarase por correo xunto á confirmación da praza.

O obxectivo é ofrecer unha visión práctica e aplicada do márketing cultural contemporáneo: desde o uso e a calendarización das redes sociais e as newsletters, ata as accións de fidelización e captación de novos públicos. Trátase dunha sesión pensada para profesionais e equipos de comunicación que queiran reforzar as súas estratexias en contornos dixitais.

Imparte: Lume!
Lume! é unha axencia de comunicación especializada en cultura, promoción e márketing online. Traballa con artistas, festivais e proxectos culturais de todo o Estado, ofrecendo servizos integrais de comunicación e estratexia dixital. Entre os seus clientes destacan Primavera Labels, Festival Tomavistas, BIME, Alma Festival, Last Tour, Bella Festival, Panda artist, BMG ou Ochoymedio, entre outros.

Formadora: Marta Abella
(Vigo, 1984) é directora de Lume! e conta con máis de catorce anos de experiencia no sector musical. A súa traxectoria abrangue a promoción, o management e a edición musical, con etapas en I’m An Artist, o selo Marxophone e Universal Music Publishing. Tamén foi directora de desenvolvemento de negocio da rede social musical Wegow. Actualmente lidera a súa propia axencia, Lume!, especializada na comunicación cultural e o márketing online.

Participa nesta formación e leva o teu proxecto cultural un paso máis alá!

A inscrición é de balde para unha persoa por festival asociado a Proxecta. O resto das persoas asociadas aboarán 10 €, e 15 € no caso de non pertencer a Proxecta. A información de pagamento enviarase por correo electrónico tras confirmar a inscrición.

Formación promovida dende PROXECTA | Coordinadora Galega de Festivais de Cinema coa colaboración da Deputación da Coruña