Formación: Plans de igualdade e protocolos de actuación para prever e afrontar violencias machistas

Formación: Plans de igualdade e protocolos de actuación para prever e afrontar violencias machistas

Nos últimos anos, avanzouse de xeito significativo na normativa relacionada coa igualdade e a prevención de violencias no ámbito laboral. Esta formación ofrecerá unha oportunidade para coñecer estas novidades e aplicalas ao contexto dos colectivos que forman parte de Proxecta e do sector do cinema e audiovisual. Impartirase os días 9 e 12 de decembro de 17h a 19h.

O obxectivo é introducir o marco da igualdade de xénero no ámbito laboral e abordar a complexidade do acoso e as violencias machistas. A través desta formación, fomentarase a sensibilización e a concienciación, ademais de dotar ás persoas participantes de ferramentas que contribúan á prevención do acoso e á promoción dunha cultura da igualdade nos festivais de cinema de Galicia.

Imparte: Arabías

Arabías é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en 2018. Dedícase a deseñar e dinamizar procesos de investigación e acción para promover a transformación social, con especial atención á perspectiva de xénero. A súa misión é tecer redes de participación e cooperativismo mediante procesos sociais e educativos comprometidos coa igualdade.

Formadora: Beatriz López Rey

Investigadora predoutoral en políticas públicas locais contra as violencias machistas. Licenciada en Ciencias Políticas, con posgrao en Cooperación Internacional e Xestión de ONG. Especialista en formulación, implementación, avaliación e transversalización de políticas locais de xénero, e cunha ampla experiencia en participación cidadá e dereitos humanos. Beatriz é formadora en igualdade de xénero e está comprometida coa creación de espazos de formación transformadores e igualitarios.

Participa e contribúe a crear espazos laborais máis igualitarios e seguros!

É preciso inscrición previa a través deste enlace. A formación é de balde para unha persoa por festival asociado a Proxecta, o resto deberán pagar 10 €. En caso de non estar asociado a Proxecta o custo serán 15 € por persoa. A información de pagamento enviarase a través de correo electrónico tras confirmar a inscrición.

Formación promovida dende PROXECTA | Coordinadora Galega de Festivais de Cinema coa colaboración da Deputación da Coruña