13 Nov FORMACIÓN PROXECTA. Festivais de cinema e prácticas sostibles.
A acción cultural debe asumir de maneira integral estratexias de sostibilidade, diagnosticando os seus impactos negativos, medioambientais, sociais e económicos, e priorizando aqueles aspectos nos que crea valor compartido. Os eventos culturais e, neste caso, os festivais de cinema non poden ser alleos á urxencia de implantar prácticas nos seus procesos que impacten de maneira positiva na comunidade. É o momento, co planeta sufrindo unha pandemia e a consecuente crise socioeconómica global.
FESTIVAIS DE CINEMA E PRÁCTICAS SOSTIBLES enmárcase plenamente nos obxectivos de PROXECTA como plataforma que reúne na actualidade a 16 festivais de cinema de Galicia: impulsar as boas prácticas, apoiar os fins sociais de acceso a unha cultura diversa e de fomento da igualdade e propoñer medidas para a mellora da situación e da sustentabilidade dos festivais son algúns dos obxectivos principais da coordinadora. A formación ten carácter práctico e o obxectivo principal é introducir áspersoas participantes en nocíóns tan básicas como necesarias para o deseño de eventos que contribúan á aliñeación cos obxectivos de desenvolvemento sostible. Institucións e administracións públicas están incorporando progresivamente criterios de sostibilidade na concesión de axudas, liñas de apoio e colaboracións.
O curso conta con dous módulos que se desenvolverán en cadansúa sesión.
Módulo 1. INTRODUCIÓN Á SOSTIBILIDADE, cos conceptos básicos,o impacto da Axenda 2030 no marco internacional e local, e o papel fundamental da cultura neste contexto.
Módulo 2. SOSTIBILIDADE NOS EVENTOS CULTURAIS: O CASO DOS FESTIVAIS DE CINEMA ofrecendo recursos e ferramentas para unha produción máis eficiente e respectuosa coa contorna.
Impartido por: María Baqueiro, enxeñeira e consultora independente en sostibilidade, desenvolvemento sostible e economía circular. Actualmente é, ademais, profesora asociada na Universidade de Vigo. É responsable de sostibilidade no Festival Sinsal SON Estrella Galicia, Premio FEST ao Festival Máis Sostible 2019.
Modalidade: Online
Datas: 26 de novembro e o 3 de decembro ás 17h30
Duración: 4 horas en dúas sesións de 120 minutos
Dirixido a: profesionais dos equipos de eventos cinematográficos
Prezo: de balde para os e as asociadas de Proxecta
7 € xeral I 5€ persoas desempregadas e estudantes
Prazas: 30
Inscrición: Previa en xerencia@proxecta.org
Asignaranse as prazas por orde de inscrición. Esta non será válida ate recibir a confirmación da organización
CO APOIO DA ÁREA DE CULRURA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA