16 Nov Inscrición aberta para a formación “Comunicar festivais de cinema a través das redes sociais”
Proxecta organiza unha nova formación online, neste caso impartida por Xiana Iglesias Villaverde, para afondar na comunicación dos festivais de cinema a través das redes sociais.
A actividade terá lugar o próximo venres 26 de novembro de 17:30 a 19:30.
Contidos da formación:
- Cales son as redes sociais e en cales debo estar? Presentación xeral, datos de usuarias, segmentacion, etc,
- A necesidade dun mapa para viaxar e dunha estratexia de redes para publicar. O paso a paso un plan de comunicación básico para redes.
- Crear contidos para diferenciarse. Tipos de contidos, ferramentas para non quedar sen ideas, ferramentas para crear imaxes.
- Publicar, automatizar e medir. Facebook creator studio, Hootsuite, Metricool. Algo de algoritmos, stories, directos e hashtags.
- Resolución das dúbidas concretas recollidas previamente.
PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os.
PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€
PRAZAS LIMITADAS.
INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 23 DE NOVEMBRO. Mail a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “RRSS E FESTIVAIS” e aportando os seguintes datos de cada persona asistente:
- Nome completo
- DNI
- Dirección
- Teléfono
— — —
Xiana Iglesias Villaverde
Apaixonada de contar historias, licencieime en Xornalismo e exercín como redactora e xornalista en prensa, gabinetes de comunicación e proxectos editoriais. Sabíame a pouco. Quixen aprender a comunicar tamén a través das formas, así que estudei Artes Gráfcas. Co aprendido emprendín unha viaxe de 6 anos como socia dunha cooperativa de acción cultural e social, na que empreguei as ferramentas que dominaba para deseñar e/ou desenvolver proxectos, algúns deles relacionados coa comunicación social de eventos como o Festival Rosalía, da Deputación da Coruña O dixital chama agora á miña porta en forma de redactora de contidos dixitais, para traballar a presenza en internet das marcas a través do marketing de contidos.
—
Esta é unha actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña.