23 Xan Aforos completos e máis de 15.000€ en premios e bolsas na quinta edición de INTERSECCIÓN
INTERSECCIÓN pecha 2022 con cifras récord de asistencia, cun 75% de sesións con aforo completo. Ao longo de seis días, INTERSECCIÓN converteu A Coruña nun referente internacional do cine de vangarda e da arte audiovisual.
Exhibíronse máis de 100 obras nunha selección integrada por autores de máis de 20 nacionalidades que reflicte o panorama artístico actual. Unha oportunidade única para os máis de 4.000 asistentes que puideron desfrutar dunha programación composta por máis do 80% de estreas: 22 premieres mundiais, 6 internacionais, 26 españolas e 28 galegas.
O festival tivo máis de 120 acreditados, entre cineastas, artistas, directores de festivais, programadores, críticos e outros profesionais cos que compartimos unha edición na que se repartiron máis de 15.000€ entre premios e bolsas de INTERSECCIÓN e INTERSECCIÓN LAB.
INTERSECCIÓN agradece, un ano máis, o compromiso co festival do público, os medios de comunicación, os traballadores e as entidades públicas e privadas que fixeron posible esta quinta edición.