O Chanfaina Lab celebra súa IX edición

O Chanfaina Lab celebra súa IX edición

O pasado 6, 7 e 8 de setembro, San Sadurniño celebrou a primeira parte da IX edición do Chanfaina Lab. Durante esta fin de semana, preto de 40 participantes, entre cineastas e colectivos audiovisuais, exploraron a paisaxe, a historia e a xente do municipio para dar forma a proxectos únicos que se estrearán no 2025.

Este encontro, que pon en valor o territorio e a cultura local, contou cun programa cheo de actividades paralelas, como obradoiros de interpretación, proxeccións e un espectacular percorrido polo medievo da man do arqueólogo Eloi Saavedra. Ademais, o domingo 8 de setembro, a peza teatral “Sesíón continua” de Bucanero Teatro puxo o broche de ouro a unha intensa fin de semana de arte e colaboración.

Entre as creadoras e creadores que participaron nesta edición destacan nomes como Ángela Arnosa, Irene Ávila, Bieito Beceiro, Fon Cortizo, Fernando Cortizo, Xaime Fandiño ou Isabel Rei, ademais de colectivos como NaraíoMedia ou The Sungirls. Xuntos, estes artistas exploraron San Sadurniño a través das súa lentes, creando un retrato único do municipio e as súa xentes.

A actividade non rematou en setembro, xa que ata o 30 dese mes foi posible visitar a exposición fotográfica sobre as edicións anteriores no recibidor da Casa da Cultura. Ademais, os obradoiros formativos continuaron ata novembro, permitindo que participantes e interesados perfeccionasen as súa técnicas en interpretación, produción e montaxe.

Agora, coa gravación completada, comeza o proceso de postproducción das pezas, que culminará o 15 de febreiro de 2025 coa estrea mundial das creacións realizadas. Este evento marcará o peche oficial da IX edición do Chanfaina Lab.