17 Xul O FANCINE DE LEMOS PECHA A SÚA X EDICIÓN
Unha ano máis Monforte acolleu o mellor do panorma fantástico e de terror para disfrute dos preto de 800 espectadores que se deron cita entre os días 2 e 7 de xullo. Unha edición que contou con máis de 300 curtametraxes inscritas e que tivo como gañadores desta edición as curtas
- Mi zona de Cristian Beteta como gañador a mellor curta nacional
- Algo sobre Ilda de Nicole Cordery como gañador a mellor curta internacional
- Nieve Roja de Aurelia Gil como gañador a mellor curta do público
- The Bait de Eduardo García como gañador a mellor curta galega
O festival segue a mostrar una forte aposta polo tanto local e por converter Monforte e a Ribeira Sacra nun foco cultural, de comunidade social , interactiva e de unidade a través non so das súas proxeccións de curtametraxes e longametraxes, nas que se xenera unha comunidade comprometida coa cultura e un público fiel que enche as proxeccións senón tamén pola aposta en involucrar talento e asociacións locais para fortalecer unha rede que ano tras ano está máis consolidada.
O xurado deste ano estivo formado pola actriz galega Maria Vazquez, polo programdor de Sitges e Sombra de Murcia Omar Parra e por Yago Diaz, representante local. Cabe salientar a entrega do premio honorífico que este ano recaeu en Antonio Mayans actor que participou en más de 100 películas e figura clave para entender o fantaterror español e a exposición que se levou a cabo na Casa da Cultura Lois Pereiro que fixo un repaso fotográfico ós 10 anos de vida do festival. Salientar tambén a reforzada e continuada aposta polo FANTAFESTI, o festival de curtametraxes feitas por persoas alleas o mundo audiovisual , e da contorna, que este ano contou con 23 curtametraxes presentadas.
Todas as iniciativas converten o FanCine de Lemos nun festival cercano, multidisciplinar, sostible e que xenera un impacto positivo na contorna ano tras ano.