O Festival RiR pecha a súa VII edición

O Festival RiR pecha a súa VII edición

O Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia) é un evento adicado exclusivamente ao humor en formato de curtametraxes, sendo único no seu xénero en Galicia. Dende a súa creación, destacou como un punto de encontro para amantes do cine, a comedia e a cultura audiovisual, combinando unha programación de calidade cun enfoque inclusivo e accesible. Ademáis das proxeccións de curtas de comedia (ficción, animación, documental e mockumentary), o festival organiza charlas, obradoiros e actividades paralelas para profesionais e público en xeral. En cada unha das edicións se pon de relevo a diversidade de historias e enfoques dentro da comedia, fomentando o talento local e global.

Nesta pasada edición, o festival contou cos seguintes premiados:

PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CURTAMETRAXE

El desayuno de los funcionarios de Javier Gómez Bello (España)

PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN

El juego de su vida de Alejandro Miñarro (España)

PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN

Becarias de Marina Donderis, Nuria Póveda & Marina Cortón (España)

PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE DOCUMENTAL

Segunda II de Anita Pico (Galicia)

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN

Lisa Sallustio por Assoiffé (Bélxica)

PREMIO FUNDACIÓN VICENTE RISCO AO MELLOR GUIÓN

Nüll García e Alba Flores por Malegro verte (España)

PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN

Álex Macías por El juego de su vida (España)

PREMIO RIЯ CONTIGO

Miguel de Lira