O Galician Freaky Film Festival congrega a 2.000 frikis na súa oitava edición

O Galician Freaky Film Festival congrega a 2.000 frikis na súa oitava edición

Entre o 20 e o 28 de setembro, o Galician Freaky Film Festival convertiuse en Vigo St., grazas á celebración da oitava edición do Galician Freaky Film Festival, o festival internacional de cinema freak e fantástico de Galicia.

Seis día de proxeccións e actividades paralelas culminaron este sába 27 coa entrega de premios, na que se coñeceron os gañadores dos Dinosetos decapitados, que este ano eran prateados e con ollos vermellos, emulando ao T800 de Terminator, filme homenaxeado polo certame.

Palmarés

O xurado concedeu o Gran Premio á curta máis freak, o maior galardón do festival, a Shé, curtametraxe británica dirixida por Renee Zhan sobre unha novísima violinista de orquestra cuxos monstros internos adquiren forma externa. O fallo outorgado estivo motivado pola combinación de todas as emocións freaks que espertou neles a peza “ten humor, é arrepiante e déixeche co cu torcido”.

O Premio Neuronas Fritidas, ao filme máis bizarro e turbio do certame, foi concedido polo xurado a Wander to Wonder, coprodución franco-belga dirixida por Nano Gantz e protagonizada por tres actores humanos en miniatura que actúan nunha serie de televisión infantil dos anos oitenta. “Consigue reflexar a oscuridade humana e o sentimento de pérdida, ao tempo que reflexa moi ben o espírito do festival”. Nesta mesma categoría, os expertos outorgaron tamén mencións especiais á singapurense Chomt it! e a taiwanesa Doo doo, cuxo director, Jack Hsu voou desde o país asiático para asisitir ao GFFF. “Aseguro que non probara o licor café cando ideei a curta”, bromeu antes da proxección da peza.

O Premio Ben Dito, ao mellor guión foi para a belga I’m not a Robot, de Victoria Wanderdam, que o xurado describiu como “unha historia cotidiana que vai esclando en surrealismo, mantendo en todo o momento a tensión e o interese”. Por último, o Premio á Mellor Realización foi para Fishmonger, de Neil Ferron, produción estadounidense de impecable factura sobre un peixeiro irlandés que pacta cunha serea.

Pola súa banda, o público votou ao remate de cada sesión a través dun código QR proxectado na pantalla, decindo tres premios. O máis alto galardón outorgado polos asistentes, o Premio Olimpo dos Freaks, recaeu en Periquitos, comedia de Alex Rey. A curta máis aterradora, merecedora do Premio Arrepío foi para a estadounidense Butterscotch e a curta máis divertida foi Doo Doo, de Jack Hsu, que levou de volta a Taiwan dúas cabezas de Dinoseto.

Por último, o festival creou este ano o Premio Freakiest Director, que entregou ao realizador catalán Pol Diggler, único director do que o festival xa proxectou tres traballos. Diggler, que xa visitou o GFFF en 2022, estaba presente na sala e foi ovacionado polo equipo e asistentes.

O xurado estivo composto por tres profesionais do mundo audiovisual. Raúl Cerezo, director, gionista e fundador da produtora de xénero Eye Slice Pictures; Sabina Pujol, tradutora audiovisual e programadora do Festival B-Retina de Cornellá de Llobregat e colaboradora nos festivais Cryptoshow e Fantboi; e Pedro Pérez, creador do festival PANIC de A Estrada.

Premios do xurado

GRAN PREMIO GFFF Á CURTA MÁIS FREAK: Shé

PREMIO NEURONAS FRITIDAS: Wander to wonder

Menciós especiais: Doo Doo e Chomp it!

PREMIO CREA Á MELLOR REALIZACIÓN: Fishmonger

Mención especial: Return to Hairy Hill

PREMIO BEN DITO AO MELLOR GUIÓN: I’m not a Robot

Premios do público

PREMIO OLIMPO DOS FREAKS (curta máis aplaudida): Periquitos

PREMIO ARREPÍO (mellor curta de terorr): Butterscotch

PREMIO ESCARÁLLOME (mellor curta de humor): Doo Doo

PREMIO FREAKIEST DIRECTOR: Pol Diggler