Play-Doc bate récords de audiencia en 2022 e anuncia as datas para a súa decimonovena edición.

Play-Doc pechou unha edición memorable con excelentes cifras e unha importante cobertura mediática tanto nacional como internacional, na que bateu récords de audiencia cun total de 45.295 espectadores, tanto no seu formato físico como virtual.


Os 40.000 espectadores que tivo Play-Doc en FILMIN, con máis de 23.000 visionados en 10 días, convérteno nun dos festivais máis vistos da prestixiosa plataforma española de cinema en liña. Ademais contabilizáronse 3.674 espectadores presenciais, máis de medio milleiro  na plataforma de alcance global DAFilms, na que estivo accesible parte da súa programación de 2022, e preto de dous mil visionados no resto de actividades en liña propostas polo certame.

Cun 16% de estreas mundiais, un 24% de estreas internacionais e un 30% de estreas españolas, a recentemente celebrada edición de Play-Doc afianzou a súa posición no panorama internacional de festivais, poñendo en valor unha vez máis o rigor dos seus contidos e o carácter inédito da súa proposta.


Play-Doc anuncia as súas novas datas. O Festival Internacional de Cinema de Tui celebrará o seu decimonovena edición do 26 de abril ao 1 de maio de 2023. O certame abre xa a convocatoria para participar en Play-Doc 2023, cuxa data límite de admisión será o 15 de marzo