O Festival Internacional de Curtas de Comedia, unha cita co humor, que se consolida en Allariz.

O Festival RiR celebrou a súa quinta edición en Allariz do 5 ao 10 de setembro, un ano máis, cunha gran acollida por parte do público.

Esta nova edición do certame volveu encher de humor a vila ourensá, en formato de curtametraxes internacionais e tamén a través de distintas actividades para cativos e maiores.

Trátase dun pequeno festival que se vai consolidando pouco a poco e que ve incrementada a participación, sobre todo nas actividades programadas ao aire libre. O Premio RiR Contigo foi entregado á actriz e cómica Isabel Risco, moi vencellada ademáis á vila. Por mor do éxito na edición pasada da exposición permanente de tiras cómicas, desta volta puderonse ver as do debuxante Loiro, asentando así unha actividade paralela que perdurará na vindeira edición, que agardamos volver a celebrar en datas similares.

PALMARÉS

V Edición · Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiЯ · 2022

PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CURTAMETRAXE
Phonorama de Alex Rey (España)

PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
For Pete’s Sake de Gerald B. Fillmore (USA)

PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
Phonorama de Álex Rey (España)

PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE MOCKUMENTARY
La abuela psicópata de Pedrazales de Manolo Hernández (España)

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN
Pol Diggler por Work it class! (España)

PREMIO FUNDACIÓN VICENTE RISCO AO MELLOR GUIÓN
Gerald B. Fillmore por For Pete’s Sake (USA)

PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN
Gerald B. Fillmore por For Pete’s Sake (USA)

PREMIO RIЯ CONTIGO
Isabel Risco

Velaquí un resumo da edición 2022: https://www.youtube.com/watch?v=0zgbPNMMbdQ&t=1s

O Festival RiR é membro de Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, e do Pacto Cultura Sustentable, e está organizado pola Asociación Cultural Luarada, coa produción de Zinemusik Producciones e Escena Sonora Producción Cultural, co patrocinio de Aira Editorial e Oca Hoteles, e co apoio do Concello de Allariz e da Deputación de Ourense.