(S8) Mostra de Cinema Periférico mellor proxecto cultural en Galicia segundo o Observatorio da Cultura 2019

Desde Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema queremos darlle os nosos parabéns ao (S8) Mostra de Cinema Periférico, un dos nosos socios, recoñecido  como o mellor proxecto cultural en Galicia segundo o Observatorio da Cultura.

Nesta lista, elaborada coa opinión dos máis de mil profesionais da cultura que participan na elaboración deste informe anual impulsado pola Fundación Contemporánea, atópanse tamén outros festivais de cinema de Galicia como Curtocircuíto, outro dos nosos socios, e Cineuropa.