Proxecta ten a vocación de traballar pola defensa e o impulso dun sector que hoxe constitúe un dos máis fértiles e activos do panorama cultural galego, tanto polo nivel e variedade das súas propostas artísticas e culturais, como polo volume de actividade e de atención ao territorio que desenvolven.
Os festivais son, en grande medida, garantes e activadores do talento audiovisual galego, e importantes compañeiros de viaxe para a industria audiovisual do territorio, ademais de dinamizadores culturais da nosa sociedade.
Proxecta nace o 30 de maio de 2018. Actualmente integra a 19 festivais e mostras de cinema e audiovisual que se estenden por toda a xeografía galega, que atenden a diversos xéneros e formatos e que reúnen un importante volume de actividades, públicos e equipos profesionais a través dos seus programas de exhibición, formación e promoción do cinema.

Difundir e poñer en valor os festivais, mostras e eventos cinematográficos de Galicia, así como as programacións e principios que estes promoven, tanto dentro da Comunidade Autónoma como a nivel nacional e internacional.
Impulsar os espazos de encontro e o uso de ferramentas e recursos compartidos entre os seus asociados, e entre estes e o resto de axentes relacionados co cinema e a cultura audiovisual en Galicia.
Establecerse como un interlocutor para levar a cabo un diálogo permanente coa administración e cos diversos organismos vinculados ao cinema, o audiovisual e á programación cultural na toma de decisións que afectan ao sector.
Promover a colaboración e o diálogo con outras entidades e axentes culturais, sociais e académicos para a promoción do cinema na sociedade galega.
Contribuír ao desenvolvemento e mellora do cinema galego nas súas etapas de creación, produción e distribución; ao tempo que promover a programación, a crítica, a investigación e a difusión do mesmo.
Apoiar e contribuír á defensa e desenvolvemento do sector profesional do cinema e do audiovisual en Galicia, así como recoñecer e favorecer as iniciativas de afeccionados, respectando os espazos que lles son propios a cada un.
Mellorar a comunicación e difusión dos festivais de cinema de Galicia e favorecer a súa presencia nos medios.
Impulsar as boas prácticas profesionais, a xestión responsable e rigorosa, as boas prácticas laborais e sociais, a programación de calidade e diversa, así como o diálogo entre os festivais, mostras e eventos de cinema de Galicia, e entre estes e outros axentes relacionados.
Posicionar ao cinema galego como marca ou polo de interese social e cultural para Galicia, e referente valioso dende fóra dela.
Apoiar os fins sociais de acceso a unha cultura diversa e de fomento da igualdade, e defender as políticas de apoio á creación, á pluralidade e liberdade de expresión, e pola dignificación do traballo cultural.
Propoñer medidas para a mellora da situación e da sustentabilidade dos festivais de cinema de Galicia, e para favorecer a circulación de filmes e catálogos apoiados polos mesmos dentro e fóra da Comunidade.
Servir de espazo de encontro permanente e punto de apoio e asesoramento profesional para os seus asociados e, no seu caso, para outras persoas e entidades interesadas.
Estudar e analizar o impacto sociocultural dos festivais de cinema e difundir o seu valor entre os medios, as administración e a sociedade.
Presidencia: Ángel Sánchez (Play-Doc)
Vicepresidencia: Ana Estévez Lavandeira (MICE Museo do Pobo Galego)
Secretaria: Ana Domínguez (S8)
Tesouraria: Manuel Pena (FICBUEU)
Vogais: Alfonso Pato (Festival de Cans), Iván Patiño (FanCine de Lemos), Marcos Gallego (Mostra MDFDM)