A actividade terá lugar o próximo xoves 2 de decembro de 17:00 a 20:00.
Programa:
1. Propiedade intelectual: conceptos xerais.
2. Infraccións de dereitos.
3. Límites aos dereitos
4. Entidades de xestión
5. Festivais de cinema e entidades de xestión.
6. Consultas e dúbidas particulares.
PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os.
PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€
PRAZAS LIMITADAS.
INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 30 DE NOVEMBRO. Mail a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “PROPIEDADE INTELECTUAL” e aportando os seguintes datos de cada persona asistente:
— — —
Martín Bello
Avogado especialista en propiedade intelectual e industrial. Avogado exercente do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid. Graduado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Propiedade Intelectual e Industrial (Magister Lvcentinvs) pola Universidade de Alicante e Máster en dereito das telecomunicacións, audiovisual, sociedade da información e protección de datos pola Universidade Carlos III de Madrid. Desenvolve a súa actividade asesorando a empresas multinacionais en diferentes sectores en relación ca propiedade intelectual e os dereitos de autor.
Esta é unha actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña.