Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante. Durante o festival, a aldea transfórmase completamente. Diferentes espazos se converten en salas de proxección, adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.
Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e actividades paralelas. E a xente trasládase frenéticamente dun lado a outro en chimpín -os pequenos tractores domésticos- como se estivesen vivindo nun filme de Kusturica.